Friday 17 de May de 2024

Medio Ambiente executará unha mellora do saneamento na zona industrial próxima á N-VI no concello de Aranga


A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, avanzou esta mañá ao alcalde desta localidade este compromiso do Goberno galego

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, levará a cabo unha mellora do saneamento da zona industrial situada nas proximidades da estrada N-VI entre o quilómetro 555.8 ao 557.0, no Concello de Aranga.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, trasladou esta mañá este compromiso ao alcalde de Aranga, Alberto Platas Álvarez, co que mantivo unha reunión e na que lle plantexou a necesidade de executar esta mellora no sistema de abastecemento.

Mato Otero indicoulle ao alcalde que Augas de Galicia revisará nas próximas semanas o proxecto construtivo presentado polo Concello, para validar as actuacións e definir a totalidade dos traballos necesarios; coa previsión de executar este mesmo ano as obras, tal e como lle plantexou o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, quen tamén participou na reunión.